SEW18 Deputación da Coruña

SEW18 Deputación da Coruña

Mar 7 '18 10:00am - Mar 7 '18 1:00pm @ Av. Porto da Coruña, 4, A Coruña
35 people are going
30
Networking
Startup Europe Week 18 Deputación da Coruña - Entrepreneurs Startup Café
Con ocasión da Startup Europe Week e do Día Internacional da Muller a Deputación da Coruña organiza o evento “Entrepreneurs Startup Café”, enmarcado dentro da liña 4 do Plan de Emprego Local (PEL).

“Entrepreneurs Startup Café” terá lugar o vindeiro mércores 7 de marzo ás 10:00 horas no salón Cunqueiro do hotel NH A Coruña Atlántico, avenida do Porto da Coruña, 4. Neste evento gratuíto 30 emprendedoras e emprendedores da provincia recibirán información sobre as axudas ao emprendemento do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña, terán ocasión de escoitar a Isidro Laso, director de Startup Europe na Comisión Europea, recibirán os consellos do Dr. Antonio Hyder, investigador post-doutoral na Stanford University e director de investigación científica en Hackers & Founders (Palo Alto,CA, EE.UU.) e terán ocasión de compartir un café con emprendedoras de éxito da nosa provincia como María Hermo, cofundadora de Galejobs; Victoria Mariño, cofundadora da consultoría Gálica; Isabel Caama...
Con ocasión da Startup Europe Week e do Día Internacional da Muller a Deputación da Coruña organiza o evento “Entrepreneurs Startup Café”, enmarcado dentro da liña 4 do Plan de Emprego Local (PEL).

“Entrepreneurs Startup Café” terá lugar o vindeiro mércores 7 de marzo ás 10:00 horas no salón Cunqueiro do hotel NH A Coruña Atlántico, avenida do Porto da Coruña, 4. Neste evento gratuíto 30 emprendedoras e emprendedores da provincia recibirán información sobre as axudas ao emprendemento do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña, terán ocasión de escoitar a Isidro Laso, director de Startup Europe na Comisión Europea, recibirán os consellos do Dr. Antonio Hyder, investigador post-doutoral na Stanford University e director de investigación científica en Hackers & Founders (Palo Alto,CA, EE.UU.) e terán ocasión de compartir un café con emprendedoras de éxito da nosa provincia como María Hermo, cofundadora de Galejobs; Victoria Mariño, cofundadora da consultoría Gálica; Isabel Caamaño, fundadora e directora creativa en Mr. Ce e Noemí Bellas, CEO e fundadora de Líbolis, escuela de valientes.
More information
Schedule
Wednesday Mar 7th
10:00 am
Recepción de participantes
10:10 am
Presentación da SEW
Isidro Laso, director de Startup Europe na Comisión Europea
10:30 am
Os segredos do emprendemento
Dr. Antonio Hyder, Investigador post-doutoral na Stanford University e Director de Investigación Científica en Hackers&Founders (Palo Alto, CA, USA)
11:00 am
Axudas do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña
Xosé Luis García, deputado de Promoción Económica da Deputación da Coruña
11:15 am
Presentación de iniciativas empresariais
Emprendedoras María Hermo, Victoria Mariño, Isabel Caamaño e Noemí Bellas
11:35 am
World café con emprendedoras
As emprendedoras María Hermo, Victoria Mariño, Isabel Caamaño e Noemí Bellas tomarán un café cos asistentes no que abordarán as temáticas da comunicación e o marketing, a innovación, a internacionalización e a economía social e RSE.
12:55 pm
Networking
Sponsors
Organizers